O día 30 de xaneiro fixemos todo cole unha actividade moi interesante.
Celebramos "O banquete do mundo".
Experimentamos a desigualdade que existe no planeta e reflexionamos sobre o mal que está repartida a riqueza.
Os nenos e nenas de todo o cole pertencíamos ou ao grupo de países desenvolvidos, que tiñan dúas mesas, ou ao grupo dos subdesenvolvidos que tiñan tres.
Pero ollo!. Non importa cantas mesas tivera cada grupo de países senón canta comida tiñan. Os do grupo dos países subdesenvolvidos tiñan tres mesas pero moi pouca comida ; pola contra o outro grupo de países tiñan un montón.
Ao principio non me gustou nada pero cando nos puxeron comida "moló mucho"; sobre todo cando collimos a comida.... porque, en realidade estabamos compartindo.
Paréceme incrible. Dinme conta do que pasa no mundo, todo é moi inxusto. Os ricos roúbanlles aos pobres e, asi os pobres son máis pobres aínda.
Encantoume. Foi unha experiencia alegre e divertida; sobre todo pola merenda na que había un montón de comida que rematamos compartindo todo o cole.
Ao remate cantamos a canción da paz todos xuntos, facendo ritmo coas mans.
No hay comentarios:
Publicar un comentario