O noso ciclo, en representación do centro, achegouse ata o Concello para participar no acto que se organizou para conmemorar o Día Internacional da Muller.
No cole, fixemos un pequeno xardín, no que medraron algunhas das mulleres que contribuíron e contribúen ao desenvovemento da HUMANIDADE. Titulámolo:
"As Mulleres que fan florecer o mundo"
"As Mulleres que fan florecer o mundo"
E dándonos vida, a nosa xardiñeira favorita!
As nenas e nenos de primeiro e segundo investigaron sobre a lucense Maruja Mallo.
En terceiro descubriron a Ángela Ruíz e en cuarto a Teresa Portela, a nosa deportista de élite.
As nenas e nenos de quinto coñeceron a Rosa Parks, que lles fixo reflexionar sobre como os pequenos xestos, decididos e valentes, logran cambiar a realidade inxusta que ás veces nos toca vivir; un paso enorme na conquista da igualdade.
Ao alumnado de sexto chamoulles á atención, a vida da pioneira da aviación, Amelia Earhart. As fazañas a bordo dunha aeronave, os seus records de altura, a primeira persoa en cruzar o Océano Pacífico, unha muller emprendedora que foi que de crear unha empresa de aviación e moito máis.
Todo isto é unha pequena mostra da labor da muller no mundo cada día.