sábado, 7 de febrero de 2015

Lembrando o Día da Paz

O día 30 de xaneiro no colexio de Abelendo celebramos o Día Escolar da non Violencia e a Paz.
Foi un día moi divertido! Fixemos moitas actividades! Pasámalo xenial!
 A primeira actividade consistía en mollar con pintura de distintas cores unhas plantillas de corazóns e plasmalas na parede do ximnasio.
 A segunda actividade consistía en presentar a todos os nenos e nenas do cole uns murais que realizaramos con anterioridade nas aulas sobre un premio Nobel da Paz.
Educación Infantil traballou a figura de Nelson Mandela, Premio Nobel en 1993.

 Primeiro ciclo achegouse a Wangari Maathai, ecoloxista keniana que recibiu en 2004 o Premio Nobel da Paz.
Segundo ciclo presentounos ó primeiro premio Nobel da Paz, Henri Dunant, creador da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella. Recibiu o galardón en 1901.
 Nós investigamos a figura de Rigoberta Menchú Tum. Lider indíxena guatemalteca. Pacifista. Defensora dos dereitos humanos que gañou o Nobel en 1992.
 Ao final, acabamos todos cantando collidos da man, a canción "Ojalá que llueva café en el campo".
 Ao saír do ximnasio, donde celebramos a festa da Paz sorprendéronnos as palabras de Nelson Mandela que van presidir o noso mural colectivo.  
 Unha extraordinaria ensinanza para un día tan especial para nós e no que gozamos tanto!