Para esta festa terrorífica, uns días antes, no espazo dos máis pequenos, entre todos e todas debuxamos, pintamos, recortamos os adornos que íamos colocar no teito, nas estanterías, ...
Os nenos e nenas de 6º preparamos un conto de medo para contarllo aos nenos e nenas do primeiro ciclo.
Como quedamos tan satisfeitos decidimos sorprender aos nenos de 3º, 4º e 5º que estaban na hora de ler na biblio.
Entramos caladamente e non se deron conta da nosa presenza ata que berramos todos a unha o título do conto:"A bruxa Regañadentes"
Ao rematar regresamos á nosa clase e continuaron coa súa hora de ler de medo.