jueves, 5 de mayo de 2011

Gañamos!!!!!

Como nos clasificamos para pasar á segunda volta, fomos gravar o programa Xiz, de novo, o pasado febreiro.
Esta vez, sentámonos nas bancadas do outro lado e levamos dúas pancartas. Celia e Xesús tamén cambiaron de posición no mostrador do concurso. Foi fascinante!

Facía moita calor pero nós aplaudimos e animamos moito máis que o primeiro día.

Competíamos co colexio Feliciano Barreras de Gulans.Ponteareas.Os nosos contrincantes eran Abraham e Éber.

Gañamos, pero o cole de Gulans foi duro de roer.

Na primeira das seis probas quedamos 55 a 55. Houbo outra na que nos gañaron.

E todo por uns mistos!

No galeoque,Xesús o fixo fenomenal; na proba de habiblidade , a Celia caéronlle todas as fichas no último momento ...

Pero, ao final gañamos! Gañamos por 255 puntos a 205; 50 puntos de diferenza.

Esta experiencia da tele está sendo moi emocionante e divertida.

Cando volvamos a gravar imos levar unha canción que inventamos para seguir animando aos nosos amigos.

Quedamos, como a outra vez, a comer no cole.Marchamos para a gravación ás 14.30. Fomos nun autobús moi moderno e grande. Esta vez non tivemos que recoller ao outro colexio.

GAÑAMOS!!!