domingo, 13 de noviembre de 2011

O Samaín

O pasado día 28 de outubro celebramos O Samaín na biblioteca.

Para esta festa terrorífica, uns días antes, no espazo dos máis pequenos, entre todos e todas debuxamos, pintamos, recortamos os adornos que íamos colocar no teito, nas estanterías, ...

Os nenos e nenas de 6º preparamos un conto de medo para contarllo aos nenos e nenas do primeiro ciclo.

Como quedamos tan satisfeitos decidimos sorprender aos nenos de 3º, 4º e 5º que estaban na hora de ler na biblio.

Entramos caladamente e non se deron conta da nosa presenza ata que berramos todos a unha o título do conto:"A bruxa Regañadentes"

Ao rematar regresamos á nosa clase e continuaron coa súa hora de ler de medo.

O Bosque

Dende o Ceip de Pedrouzos chéganos este LIM sobre o bosque que nos vai axudar a completar todo o que estamos a aprender neste trimestre en quinto curso.

domingo, 29 de mayo de 2011

Abelendo viaxa a Coruña

Os nenos e nenas do terceiro ciclo fomos á Coruña o pasado día 13 de maio. Visitamos o castelo de San Antón, a Torre de Hércules, o monte de San Pedro , entre outros lugares.
No castelo de San Antón acompañounos unha guía chamada Marina. Levounos por todo o castelo. Vimos canóns, balas de pedra e de chumbo, moedas antigas dun barco afundido perto de Corcubión, armas piratas, unha cuncha inmensa, esporas para elefantes e cabalos, espadas; mesmo un barco prehistórico construido por alumnos e alumnas da universidade Santiago que quixeron desmostrar que podía flotar.



Na súa capela había unha pintura chamada Virxe da servilleta , atribuida a Murillo.

Mariña explicounos moitas cousas, como por exemplo a tortura da gota que consistía en ter a un prisioneiro seis meses atado, caéndolle unha gota na cabeza que co paso do tempo facía un burato nela. Mostrounos o arxibe no qu tiramos moedas par pedir desexos, coo moitos dos actuais visitantes.Gustounos moito este depósito subterrráneo de auga de chuvia.

Na Torre de hércules subimos 242 escalóns. Foi unha visita preciosa xa que era un faro enorme. Dende o alto da torre, a xente viase diminuta.
Fomos camiñando ata o estadio de Riazor onde nos esperaba o autobús para subir a comer ao monte de San pedro. O máis divertido do percorrido foi andar nas bibcicletas invisibles.

Depois de comer no monte , mirando á torre de Hércules, tirámonos "a rebolos".

Perdémonos no laberinto do minotauro por uns momentos e como remate da visita vimos uns canóns que se construiron nos anos vinte. Nunca entraron en combate pero foron disparados vinte tres veces. Subímonos aun deles. Era enorme. o vento dábanos na cara. Disfrutamos moito.

Chegamos a Moaña contra as sete da tarde.

jueves, 5 de mayo de 2011

Gañamos!!!!!

Como nos clasificamos para pasar á segunda volta, fomos gravar o programa Xiz, de novo, o pasado febreiro.
Esta vez, sentámonos nas bancadas do outro lado e levamos dúas pancartas. Celia e Xesús tamén cambiaron de posición no mostrador do concurso. Foi fascinante!

Facía moita calor pero nós aplaudimos e animamos moito máis que o primeiro día.

Competíamos co colexio Feliciano Barreras de Gulans.Ponteareas.Os nosos contrincantes eran Abraham e Éber.

Gañamos, pero o cole de Gulans foi duro de roer.

Na primeira das seis probas quedamos 55 a 55. Houbo outra na que nos gañaron.

E todo por uns mistos!

No galeoque,Xesús o fixo fenomenal; na proba de habiblidade , a Celia caéronlle todas as fichas no último momento ...

Pero, ao final gañamos! Gañamos por 255 puntos a 205; 50 puntos de diferenza.

Esta experiencia da tele está sendo moi emocionante e divertida.

Cando volvamos a gravar imos levar unha canción que inventamos para seguir animando aos nosos amigos.

Quedamos, como a outra vez, a comer no cole.Marchamos para a gravación ás 14.30. Fomos nun autobús moi moderno e grande. Esta vez non tivemos que recoller ao outro colexio.

GAÑAMOS!!!

lunes, 7 de febrero de 2011

Fomos á tele!

Gustoume moito o decorado do plató. Ao meu lado había unha lupa xigante que emitía unha luz moi bonita.Noutro lado había unha televisión, feita de cartón,onde se vía un encerado e un xiz escribindo:XIZ. (Sheila)
A experiencia pareceume incrible! E ademáis, gañamos! o que máis me gustou foi cando Carlos loitou co presentador. E o médico que supuestamente, tiña que curar a Emilio acabou coa súa vida. (Sara)
Encantoume ver o plató por dentro. Foi unha boa experiencia. Foi divertido e gañamos,así que temos que volver outra vez.(Marco)
Pareceume interesante e gustoume moito. O outro colexio daba moita caña . Celia e Jesús tiveron que esforzarse porque se non, perdíamos.
Ao final conseguimos 280 puntos e o colexio de Mosteiro 195 puntos.(David)
Gustoume moito ir á televisión. Paseino moi ben. penso que Xiz vai ser un bo concurso. (Tamara)

viernes, 28 de enero de 2011

Unha experiencia inesquecible

O pasado 18 de decembro, no ximnasio, entregáronse os diplomas do segundo torneo Fairy 2010, organizado polo profesor D.Pedro Martínez Villanueva.

Os galardonados foron os equipos masculinos e femininos que acadaron os mellores tempos nunha proba de resistencia, realizada na área de Educación Física.
Esta proba consiste en sumar os cinco mellores tempos do equipo masculino e feminino de cada curso.Despois, compáranse cos tempos dos outros cursos de E.Primaria e quen consiga o tempo máximo se proclama campión ou campiona do torneo. Os segundos mellores tempos son para os subcampións. Hai un terceiro posto para os seguintes clasificados.
Nesta edición o 2º Ciclo foi o merecido campión nas dúas categorías.
O 3º Ciclo de E.Primaria obtivo os seguintes diplomas:
Equipo masculino de 6º Curso. SUBCAMPIÓN nas dúas edicións.
Equipo feminino de 5º Curso. SUBCAMPION nesta segunda edición.
Equipo masculino de 5º Curso. TERCEIRO POSTO nas dúas edicións deste torneo.

O primeiro torneo Fairy 2010 celebrouse o 2 de novembro de 2010.
Impacientes, esperamos a celebración do próximo que terá lugar en febreiro.