lunes, 5 de mayo de 2014

Maio solidario

O pasado 30 de abril, o noso ciclo acompañado de 4º curso, convidados pola directiva de AFAMO de Moaña, visitamos ese centro de día que está preto da piscina municipal.
O motivo da nosa visita era axudar, ás señoras enfermas de alzheimer, a facer un maio grande para a festa que celebraban pola tarde. 
Confeccionamos, tamén,  outro máis pequeño que trouxemos andando ata Abelendo. Grazas Martina.
Cando chegamos ó centro, despois das presentacións, dividíronnos en grupos nos que había maiores e pequenos para comenzar a traballar.
Antes de armar o maio na estructura de madeira tivemos que preparar os fiunchos, as flores, os ovos e as laranxas.
Preparamos os talos dos fiunchos para coselos facendo unha ristra que rodeaba á pirámide. Cortámoslles o talo ás flores e as unimos en forma de coroa. Cos ovos, xa baleiros e as laranxas, tamén fixemos coroas . 


Por último, preparamos uns pequenos  feixes de xesta para a base do maio.
Despois de merendar, cantamos as cantigas que ensaiáramos o día anterior no cole, con acompañamento de claves e caixas chinesas. Fixémolo ao ritmo de Marín. 


Gustaron moito e quedamos moi contentos de como trancurriu a xornada que rematou na clase comentando esta enriquecedora experiencia.

Estan cantigas de maio,  preparámolas o día anterior no cole, con Elisa de la Peña, Manuel Méndez y Martina, membro da directiva de AFAMO que se achegaron a Abelendo con ese obxectivo.
Primeiramente, Manuel Méndez proxectounos unhas fotos moi antigas de maios de distintos sitios como Pontevedra, Marín, Redondela; escoitamos formas distintas de cantarlos  e aprendemos algo da súa historia. Estivemos encantados.
A continuación, ensaiamos todos xuntos o Maio de Afamo 2014  e compuxemos o Maio de Abelendo 2014.
O ensaio foi así de ben:



 
Foi moi interesante traballar en gran grupo e en tan pouco tempo.
As oito estrofas saíron rapidísimo. 
 Incríble! Grazas Manolo.
Para rematar, dicir que máís adiante esperamos a visita en Abelendo destas señoras tan simpáticas para ensinarlles o noso cole e facer con elas unha alfombra de flores.