jueves, 16 de mayo de 2013

Correlingua 2013


O venres. 10 de maio, os colexios de Bueu, Cangas, Moaña e Marín  celebramos en Bueu O Correlingua 2013.
O lema desta edición era “ O galego, a chave do mundo”.

Asistimos uns mil oitocentos nenos e nenas.
Fixemos unha marcha para defender a nosa lingua. Empezamos a camiñar na rúa Eduardo Vicenti , dimos a volta á rotonda As Lagoas e volvemos ao noso punto de partida que era a Plaza Massó. Alí merendamos, vimos ao mago Martín Camiña e escoitamos a Celso Parada ler o Manisfesto e a poesía “Deitado frente ao mar” de Celso Emilio Ferreiro.

Máis tarde, subiu ao escenario Luis Prego acompañado duns músicos que tocaban a zanfona, a guitarra…

Con eles cantamos e bailamos unha chea de bailes; algúns xa os coñeciamos porque os practicáramos no cole. Divertímonos moito.

Ao rematar unha treintena de autobuses viñeron a recollernos para levarnos aos nosos respectivos colexios.

Pareceunos un acto educativo e divertido ; de gran valor cultural.