O venres. 10 de maio, os colexios de Bueu, Cangas, Moaña e Marín celebramos en Bueu O Correlingua 2013.
O lema desta edición era “ O galego, a chave do mundo”.
Asistimos uns mil oitocentos nenos e nenas.
Fixemos unha
marcha para defender a nosa lingua. Empezamos a camiñar na rúa Eduardo Vicenti
, dimos a volta á rotonda As Lagoas e volvemos ao noso punto de partida que era
a Plaza Massó. Alí merendamos, vimos ao mago Martín Camiña e escoitamos a
Celso Parada ler o Manisfesto e a poesía “Deitado frente ao mar” de Celso
Emilio Ferreiro.
Máis tarde, subiu ao escenario Luis Prego acompañado duns
músicos que tocaban a zanfona, a guitarra…
Con eles cantamos e bailamos unha chea de bailes; algúns xa
os coñeciamos porque os practicáramos no cole. Divertímonos moito.
Ao rematar unha treintena de autobuses viñeron a recollernos
para levarnos aos nosos respectivos colexios.
Pareceunos un acto educativo e divertido ; de gran valor
cultural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario