sábado, 3 de junio de 2017


Un novo curso e, unha vez máis, chega o Programa de Reforzo, Orientación e Apoio Educativo (PROA) ao noso cole. 

O seu propósito é servir de complemento aos esforzos que se realizan en horario lectivo. 

Todas as tardes, agás a do martes, establécese unha rutina de 2 clases, a primeira de 16.00 a 17.00 horas e a segunda de 17.00 a 18.00 horas , nas que se aproveitará o tempo para ou ben facer tarefas que quedaron pendentes ou para afrontar os contidos dunha forma diferente que faga máis sinxela a comprensión dos mesmos.

domingo, 28 de mayo de 2017

Traballando a convivencia

O pasado venres tivemos, en Abelendo, a primeira charla sobre acoso escolar e novas tecnoloxías, solicitadas polo centro ao abeiro do Plan Director de seguridade nos colexios.
Estivo con nós un axente das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Foi unha charla informativa e formativa moi interesante na que estivemos moi atentos e fixemos moitas preguntas ao remate da mesma.   
Quedamos citados para ter a segunda charla sobre novas tecnoloxías no vindeiro mes de xuño.