Os nenos e nenas do terceiro ciclo fomos á Coruña o pasado día 13 de maio. Visitamos o castelo de San Antón, a Torre de Hércules, o monte de San Pedro , entre outros lugares.
No castelo de San Antón acompañounos unha guía chamada Marina. Levounos por todo o castelo. Vimos canóns, balas de pedra e de chumbo, moedas antigas dun barco afundido perto de Corcubión, armas piratas, unha cuncha inmensa, esporas para elefantes e cabalos, espadas; mesmo un barco prehistórico construido por alumnos e alumnas da universidade Santiago que quixeron desmostrar que podía flotar.

Na súa capela había unha pintura chamada Virxe da servilleta , atribuida a Murillo.
Mariña explicounos moitas cousas, como por exemplo a tortura da gota que consistía en ter a un prisioneiro seis meses atado, caéndolle unha gota na cabeza que co paso do tempo facía un burato nela. Mostrounos o arxibe no qu tiramos moedas par pedir desexos, coo moitos dos actuais visitantes.Gustounos moito este depósito subterrráneo de auga de chuvia.
Na Torre de hércules subimos 242 escalóns. Foi unha visita preciosa xa que era un faro enorme. Dende o alto da torre, a xente viase diminuta.
Fomos camiñando ata o estadio de Riazor onde nos esperaba o autobús para subir a comer ao monte de San pedro. O máis divertido do percorrido foi andar nas bibcicletas invisibles.
Fomos camiñando ata o estadio de Riazor onde nos esperaba o autobús para subir a comer ao monte de San pedro. O máis divertido do percorrido foi andar nas bibcicletas invisibles.
Depois de comer no monte , mirando á torre de Hércules, tirámonos "a rebolos".
Perdémonos no laberinto do minotauro por uns momentos e como remate da visita vimos uns canóns que se construiron nos anos vinte. Nunca entraron en combate pero foron disparados vinte tres veces. Subímonos aun deles. Era enorme. o vento dábanos na cara. Disfrutamos moito.
Chegamos a Moaña contra as sete da tarde.