O pasado trece de xuño fomos de excursión a San Simón. Recolleunos o barco a toda Educación primaria no porto de Moaña. Uns piratas moi divertidos foron os nosos guías.
Percorremos a illa atendendo ás explicacións detalladas dos nosos guías.
Percorremos a illa atendendo ás explicacións detalladas dos nosos guías.
Detívémonos en cada un dos lugares máis significativos. Explicáronnos a súa historia; a batalla de Rande, cando foi un lazareto, a guerra civil ...
Visitamos cheos de curiosidade o seu museo.
Pola tarde, houbo un tempo de xogos que se nos pasou rapidísimo polo emocionante e divertido que foi o xogo do pano.
Pola tarde, houbo un tempo de xogos que se nos pasou rapidísimo polo emocionante e divertido que foi o xogo do pano.
Todas foron boas impresións. É unha illa fantástica e preciosa, cun encanto particular. Cada rincón da illa tiña algo especial.
Aínda que a súa historia é moi triste non levamos unha mala impresión.