O día 12.12.12. ás 12 unímonos á homenaxe dos centros educativos a Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento.
A actividade consistiu en colocar no patio do colexio unha gran pancarta recordando o evento. As letras da pancarta fixéronas os alumnos e alumnas de todos os cursos. Nós, os nenos e nenas de 5º e 6º curso de Primaria, recitamos o poema de Celso Emilio "Deitado frente ao mar" na pista, diante dos nosos compañeiros e compañeiras que estaban sentados nas gradas. Presentaron o acto dous alumnos do 2º ciclo.
Recitamos o poema con sentimento e unindo as nosas voces resultou moi emotivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario