Os galardonados foron os equipos masculinos e femininos que acadaron os mellores tempos nunha proba de resistencia, realizada na área de Educación Física.
Esta proba consiste en sumar os cinco mellores tempos do equipo masculino e feminino de cada curso.Despois, compáranse cos tempos dos outros cursos de E.Primaria e quen consiga o tempo máximo se proclama campión ou campiona do torneo. Os segundos mellores tempos son para os subcampións. Hai un terceiro posto para os seguintes clasificados.
Nesta edición o 2º Ciclo foi o merecido campión nas dúas categorías.
O 3º Ciclo de E.Primaria obtivo os seguintes diplomas:
Equipo masculino de 6º Curso. SUBCAMPIÓN nas dúas edicións.
Equipo feminino de 5º Curso. SUBCAMPION nesta segunda edición.
Equipo masculino de 5º Curso. TERCEIRO POSTO nas dúas edicións deste torneo.
O primeiro torneo Fairy 2010 celebrouse o 2 de novembro de 2010.
Impacientes, esperamos a celebración do próximo que terá lugar en febreiro.