Dentro do proxecto “A Reciclaxe”
que estamos desenvolvendo este curso no cole, preparamos, o pasado novembro,
unha presentación elaborada totalmente
por nós e …
… como Gardiáns da Terra, visitamos
aos nenos e nenas de primeiro curso para explicarlles o significado dos Tres Erres e a importancia
dunha correcta separación de residuos nos distintos colectores para unha boa
reciclaxe.
Foi unha experiencia interesante
e novedosa para nós.
Sorprendeunos, o moito que sabían estes nenos e nenas sobre
o tema.
Son moitas as actividades que
este trimestre estamos realizando en relación a este proxecto, como por exemplo
o robot que temos entre máns, realizado con materiais de refugallo.