Esta visita que tivo lugar no 2º
trimestre. Foi unha experiencia que como aínda está moi presente en todos nós queremos compartila dende aquí. Así a lembramos:
Onte chegou Ciencia e Movemento. Fomos a terceira hora á aula de música.
Alí había un montón de sorprendentes obxectos científicos: motores, máquinas, insectos, minerais, representacións curiosas da Terra, medias de nylon, diversos paneis que tiñan que ver coa enerxía, a conservación do medio ambiente, coa reciclaxe...
Uns señores científicos que se presentaron como Suso e Adán, guiáronnos no percorrido por este museo tan orixinal, conseguindo a nosa total atención.
"Mostráronnos uns motores moi raros, os motores Stirling, que van ser os motores do futuro aínda que se se coñecen dende o século XIX"
"Foi un obradoiro do que gocei moito. Descubrir aqueles motores que dan enerxía e non contaminan, que se poden colocar en
calquera sitio para que funcionen."
"Foi unha marabilla!"
"Funcionan usando recursos do planeta, sen facerlles nada. É unha boísima opción para o
futuro. Non contaminan, non consumen e funcionan en calquera sitio."
"Foi unha marabilla!"
Na sección de bichos estivemos vendo insectos disecados. "Sorprendeume o escorpión, o insecto pau, o fósil, o cabaliño de mar... " Explicáronnos que había uns insectos que para aparearse, bailaban. Son quen de pasarse horas bailando ata que a femia convence ao macho.
Aprendemos o que era a obsolescencia programada que consiste en que os fabricantes de máquinas programan a súa creación para que cando se acabe a garantía, o obxecto se estrague e así tes que mercar outro.
E queremos investigar máis sobre as proporcións aureas que espertaron a nosa curiosidade polo noso descoñecemento do término.
No hay comentarios:
Publicar un comentario