O venres pasado, día 23 de febreiro, visitamos Sogama. As súas instalacións están no concello de Cerceda, na comarca de Ordes. Provincia de A Coruña.
Á nosa chegada fomos recibidos polos guías que non acompañarían durante a nosa visita ao complexo medioambiental.
No primeiro edificio que entramos, ante a maqueta da planta do complexo, puidemos familiarizarnos con todos os edificios que a componen e ir aprendendo a función de cada un deles.
A continuación, no salón de actos participamos nunha dinámica para aprender a separar los residuos.
Consistía en meter unhas fotos que representaban botellas, cartón, papel, vidro, carozos de mazá, mondas de plátano… no colector correspondente.
Finalmente preparámonos para a nosa visita á Planta. Puxémonos unha mascarilla, unha redecilla para o pelo, un casco e un chaleco.
Foi moi divertido!
Cando entramos na planta de elaboración de combustible derivado de residuos vimos descargar un colector de lixo xenérico que non se pode reciclar.
Chamounos moita atención a pinza xigante que collía o lixo do foso e o botaba nunha tobeira.
Explicáronnos que a parte grosa do lixo tritúrase e a parte máis fina transpórtase a unha planta de secado. Logo, a parte fina, xa seca, e a parte grosa mestúranse e obtense con elas un combustible que se chama CDR (Combustible Derivado de Residuos)
A visita foi olorosa pero divertida.
O que máis nos impresionou da visita foi o gancho que collía o lixo. Puxémoslle o nome de “Polbo xigante”.
Finalizamos a nosa excursión en Santiago.
Comemos na carballeira de Santa Susana e para celebrar o Día de Rosalía, 24 de febreiro, achegámonos a estatua da nosa poeta que está na alameda e recitamos xuntos os seus versos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario