viernes, 8 de diciembre de 2017

Os Gardiáns da Terra en acción

Dentro do proxecto “A Reciclaxe” que estamos desenvolvendo este curso no cole, preparamos, o pasado novembro, unha presentación  elaborada totalmente por nós e …
… como Gardiáns da Terra, visitamos aos nenos e nenas de primeiro curso para explicarlles  o significado dos Tres Erres e a importancia dunha correcta separación de residuos nos distintos colectores para unha boa reciclaxe.
Foi unha experiencia interesante e novedosa para nós. 
Sorprendeunos, o moito que sabían estes nenos e nenas sobre o tema.
Son moitas as actividades que este trimestre estamos realizando en relación a este proxecto, como por exemplo o robot que temos entre máns, realizado con materiais de refugallo.

martes, 7 de noviembre de 2017

O mundo dos fungos

Estes días tivemos a gran sorte de adentrarnos no mundo das setas da man dun gran mestre: Manolo Méndez.
Achegouse ao cole cunha gran variedade delas,   a pesares da falta de chuvia que estamos sufrindo este outono.
Coñecimos a zarrota , a primeira que sae despois da chuvia. Fíxámonos nas súas láminas e aprendimos que é comestible.
Observamos o lactarius deliciousus, tamén chamado níscalo. As súas láminas son de cor laranxa pero cando se corta ese laranxa convértese nun laranxa intenso. Para moitos , esta é a seta que mellor sabe.
Aprendimos a mercar os champiñóns. Cando están fresquiños as súas láminas son de cor salmón pero cando están xa pasados éstas collen unha cor marrón escura, case negra.
Tamén coñecimos o pucho das meigas que ten un nome científico moi curioso (coprinus comatus). É unha seta comestible que é recomendable comela cando está moi fresca. 
Chamounos moito a atención os lycoperdum, chamados  peidos de lobo. Estas setas, redondas e pequenas,  ao tocalas, botan esporas.
Rematamos a xornada ensinándolle a Manolo todas as setas que os nenos e nenas descubriron no patio do colexio. 

jueves, 5 de octubre de 2017

Gardiáns da Terra

Este curso, no 3º Ciclo, traballaremos A RECICLAXE; seremos os Detectives Verdes e coidaremos da nosa contorna. 
Centraremos as nosas accións na nosa casa, no cole, en Moaña...
Queremos tomar conciencia deste tema dunha maneira activa. Queremos pasar á acción e, así, conciencienciar a todos os nenos e nenas de Abelendo da importancia de coidar o noso planeta: A Terra.
O proxecto documental que traballaremos este curso dende a BE leva por título "Gardiáns da Terra".

lunes, 12 de junio de 2017

Recordando abril

Escribindo contos de medo

Proa

Os nenos e nenas de Abelendo teñen tanta imaxinación que a primeira vez que miramos pola ventá e vimos ao outro lado da ría un gran monte de bosque no medio dunha ladeira ateigada dos edificios que compoñen a cidade de Vigo, inventámonos que se trataba dunha misteriosa illa. Era en realidade o Monte da Guía pero para nós supoñía un fantástico lugar para situar un conto de medo.



Wangari Maathai

Proa

Esta semana traballamos a comprensión lectora aproveitando para coñecer figura de Wangari Maathai. A sabiduría de África segue intacta en persoas tan inspiradoras coma ela e en historias tan bonitas como a do colibrí, coñecédela? Aquí vola deixamos:

sábado, 3 de junio de 2017


Un novo curso e, unha vez máis, chega o Programa de Reforzo, Orientación e Apoio Educativo (PROA) ao noso cole. 

O seu propósito é servir de complemento aos esforzos que se realizan en horario lectivo. 

Todas as tardes, agás a do martes, establécese unha rutina de 2 clases, a primeira de 16.00 a 17.00 horas e a segunda de 17.00 a 18.00 horas , nas que se aproveitará o tempo para ou ben facer tarefas que quedaron pendentes ou para afrontar os contidos dunha forma diferente que faga máis sinxela a comprensión dos mesmos.

domingo, 28 de mayo de 2017

Traballando a convivencia

O pasado venres tivemos, en Abelendo, a primeira charla sobre acoso escolar e novas tecnoloxías, solicitadas polo centro ao abeiro do Plan Director de seguridade nos colexios.
Estivo con nós un axente das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Foi unha charla informativa e formativa moi interesante na que estivemos moi atentos e fixemos moitas preguntas ao remate da mesma.   
Quedamos citados para ter a segunda charla sobre novas tecnoloxías no vindeiro mes de xuño.

jueves, 25 de mayo de 2017

Xogade

Nesta actividade que compartimos con varios colexios de Moaña e Bueu, nas pistas de atletismo de Cangas, coñecimos as diferentes modalidades do atletismo.
Foi unha experiencia que nos ten que facer reflexionar sobre os valores deportivos, tan importantes para unha boa convivencia.

miércoles, 24 de mayo de 2017

Grazas Rosa

Quedannos momentos de reflexión, despois da interesante charla sobre sexualidade que nos deu Rosa López, comadrona de Moaña.

jueves, 11 de mayo de 2017

Horto escolar

No proxecto de Voz Natura que desenvolvemos no cole este curso estaba programado a creación dun horto de prantas aromáticas. 
E, nesta primavera , os nenos e nenas de quinto curso puxémonos mans á obra.
Comezamos coa preparación do terreo; un terreo que xa as avoas acondicionaran con anterioridade.
 Grazas avoas!
Fixemos uns regos onde colocamos a lona para impedir que medren ás malas herbas.
Colocamos tamén unhas vallas que lle dan esa forma case rectangular que se distingue dende lonxe.
A continuación, despois de decidir entre todos e todas o lugar onde irían as prantas, fixémoslle o burato á lona e con ela posta cavamos o oco onde ía ir a pranta.
Non foi doado. Pensamos que para a próxima vez, faremos antes o oco e logo poñerémoslle a lona.
Contamos con prímulas silvestres, menta, apio, santolina, valeriana, herbaboa, melisa, lavanda... 
Estamos moi satisfeitos do traballo realizado aínda que temos que mellorar bastante; sobre todo aprendendo desta nosa primeira experiencia. 
Para finalizar, contarvos que cada un de nós adoptará unha ou dúas plantas para que, cos nosos coidados , medren sás e ben alimentadas.

lunes, 1 de mayo de 2017

Regreso ao cole


Este pasado abril estivo no cole Celia Cores Antepazo, compartindo con nós a súa estadía en EEUU.
Emocionounos escoitar todas as súas vivencias polas terras de Montana que nos relatou nun perfecto inglés. 

jueves, 9 de marzo de 2017

Día Internacional da Muller

O noso ciclo, en representación do centro, achegouse  ata o Concello para participar no acto que se organizou  para conmemorar o Día Internacional da Muller.
No cole, fixemos un pequeno xardín, no que medraron algunhas das mulleres que contribuíron e contribúen ao desenvovemento da HUMANIDADE. Titulámolo:  
"As Mulleres que fan florecer o mundo"
E dándonos vida, a nosa xardiñeira favorita!
Os nenos e nenas de Educación Infantil coñeceron a figura de Antía Cal.
As nenas e nenos de primeiro e segundo investigaron sobre a lucense Maruja Mallo.
En terceiro descubriron a Ángela Ruíz e en cuarto a Teresa Portela, a nosa deportista de élite.
As nenas e nenos de quinto coñeceron a  Rosa Parks, que lles fixo reflexionar sobre como os pequenos xestos, decididos e valentes, logran cambiar a realidade inxusta que ás veces nos toca vivir; un paso enorme na conquista da igualdade.
Ao alumnado de sexto chamoulles á atención, a vida da pioneira da aviación, Amelia Earhart. As fazañas a bordo dunha aeronave, os seus records de altura, a primeira persoa en cruzar o Océano Pacífico, unha muller emprendedora que foi que de crear unha empresa de aviación e moito máis.
Todo isto é unha pequena mostra da labor da muller no mundo cada día.

Sempre Rosalía


jueves, 23 de febrero de 2017

As ordes de Dino


Mozambique, un país para aprender


Nestes días pasados a concelleira María Ortega visitou o noso cole para compartir con nós a súa viaxe a Mozambique; onde participou nunhas xornadas de igualdade e muller organizadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. 

Pintounos retazos do día a día dun mundo diferente ao noso cando nos guiou por Manlacasi, un barrio de Maputo; máis grande que Vigo e que ten sobre 300.000 habitantes. 
Coñecimos as súas casas, o seu mercado cos seus postos tan chamativos...
Achegounos a un continente , a un país que ten cunha cultura, unhas tradicións e unha forma de vivir moi distintas ás nosas.

Falounos do papel da muller na sociedade e das distintas iniciativas que están en marcha para que as mulleres sexan o motor económico da comunidade.
 Presentounos a Mª Cristina que é a presidenta da Rede de mulleres autarcas que son as mulleres que desenvolven plans políticos para a comunidade. 

domingo, 29 de enero de 2017

Palabras para a Paz

Gústounos moito a proposta de Dino para celebrar o Día da Paz!

Como Luna, a protagonista de "La coleccionista de palabras", enchemos os nosos petos, o nosos corredores, a nosa escola de PALABRAS fermosas, mágníficas, divertidas, máxicas PARA  FACER UN MUNDO EN PAZ.