martes, 7 de noviembre de 2017

O mundo dos fungos

Estes días tivemos a gran sorte de adentrarnos no mundo das setas da man dun gran mestre: Manolo Méndez.
Achegouse ao cole cunha gran variedade delas,   a pesares da falta de chuvia que estamos sufrindo este outono.
Coñecimos a zarrota , a primeira que sae despois da chuvia. Fíxámonos nas súas láminas e aprendimos que é comestible.
Observamos o lactarius deliciousus, tamén chamado níscalo. As súas láminas son de cor laranxa pero cando se corta ese laranxa convértese nun laranxa intenso. Para moitos , esta é a seta que mellor sabe.
Aprendimos a mercar os champiñóns. Cando están fresquiños as súas láminas son de cor salmón pero cando están xa pasados éstas collen unha cor marrón escura, case negra.
Tamén coñecimos o pucho das meigas que ten un nome científico moi curioso (coprinus comatus). É unha seta comestible que é recomendable comela cando está moi fresca. 
Chamounos moito a atención os lycoperdum, chamados  peidos de lobo. Estas setas, redondas e pequenas,  ao tocalas, botan esporas.
Rematamos a xornada ensinándolle a Manolo todas as setas que os nenos e nenas descubriron no patio do colexio. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario