No proxecto de Voz Natura que desenvolvemos no cole este curso estaba programado a creación dun horto de prantas aromáticas.
E, nesta primavera , os nenos e nenas de quinto curso puxémonos mans á obra.
Comezamos coa preparación do terreo; un terreo que xa as avoas acondicionaran con anterioridade.
Grazas avoas!
Fixemos uns regos onde colocamos a lona para impedir que medren ás malas herbas.
Colocamos tamén unhas vallas que lle dan esa forma case rectangular que se distingue dende lonxe.
A continuación, despois de decidir entre todos e todas o lugar onde irían as prantas, fixémoslle o burato á lona e con ela posta cavamos o oco onde ía ir a pranta.
Non foi doado. Pensamos que para a próxima vez, faremos antes o oco e logo poñerémoslle a lona.
Contamos con prímulas silvestres, menta, apio, santolina, valeriana, herbaboa, melisa, lavanda...
Estamos moi satisfeitos do traballo realizado aínda que temos que mellorar bastante; sobre todo aprendendo desta nosa primeira experiencia.
Para finalizar, contarvos que cada un de nós adoptará unha ou dúas plantas para que, cos nosos coidados , medren sás e ben alimentadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario