domingo, 3 de noviembre de 2013

Sabroso Samain

A imaxinación , o entusiasmo, o traballo en equipo e a creatividade foron os protagonistas desta actividade celebrada o 30 de outubro no cole. 
A explicación  do proceso de elaboración destas receitas tan orixinais que realizamos nas aulas resultou todo un éxito.
Gusichoco

Morcegos

" A tarefa máis difícil foi poñerlle os ollos e as ás. Paseime uha hora recortando.
"Divertinme moito preparando coa crema de oreo, os ollos e os  gusanos."




A tumba dos monstruitos
Calacús

Dedos de meiga

Un éxito, disfrutar todos e todas  dos postres nun escenario tan felizmente decorado.


E , como non, todo un éxito, saborear todas estas monstruosidades que estaban mortalmente deliciosas.

jueves, 16 de mayo de 2013

Correlingua 2013


O venres. 10 de maio, os colexios de Bueu, Cangas, Moaña e Marín  celebramos en Bueu O Correlingua 2013.
O lema desta edición era “ O galego, a chave do mundo”.

Asistimos uns mil oitocentos nenos e nenas.
Fixemos unha marcha para defender a nosa lingua. Empezamos a camiñar na rúa Eduardo Vicenti , dimos a volta á rotonda As Lagoas e volvemos ao noso punto de partida que era a Plaza Massó. Alí merendamos, vimos ao mago Martín Camiña e escoitamos a Celso Parada ler o Manisfesto e a poesía “Deitado frente ao mar” de Celso Emilio Ferreiro.

Máis tarde, subiu ao escenario Luis Prego acompañado duns músicos que tocaban a zanfona, a guitarra…

Con eles cantamos e bailamos unha chea de bailes; algúns xa os coñeciamos porque os practicáramos no cole. Divertímonos moito.

Ao rematar unha treintena de autobuses viñeron a recollernos para levarnos aos nosos respectivos colexios.

Pareceunos un acto educativo e divertido ; de gran valor cultural.

sábado, 2 de febrero de 2013

Día da Paz

O día 30 de xaneiro fixemos todo cole unha actividade moi interesante. 
Celebramos "O banquete do mundo". 
Experimentamos a desigualdade que existe no planeta e reflexionamos sobre o mal que está repartida a riqueza.
Os nenos e nenas de todo o cole pertencíamos ou ao grupo de países desenvolvidos, que tiñan dúas mesas, ou ao grupo dos subdesenvolvidos que tiñan tres.
Pero ollo!. Non importa cantas mesas tivera cada grupo de países senón canta comida tiñan. Os do grupo dos países subdesenvolvidos tiñan tres mesas pero moi pouca comida ; pola contra o outro grupo de países tiñan un montón. 
   
Ao principio non me gustou nada pero cando nos puxeron comida "moló mucho"; sobre todo cando collimos a comida.... porque, en realidade estabamos compartindo. 
Paréceme incrible. Dinme conta do que pasa no mundo, todo é moi inxusto. Os ricos roúbanlles aos pobres e, asi os pobres son máis pobres aínda.
Encantoume. Foi unha experiencia alegre e divertida; sobre todo pola merenda na que había un montón de comida que rematamos compartindo todo o cole.
 Ao remate cantamos a canción da paz todos xuntos, facendo ritmo coas mans.