O pasado 30 de abril, o noso ciclo
acompañado de 4º curso, convidados pola directiva de AFAMO de Moaña, visitamos
ese centro de día que está preto da piscina municipal.
O motivo da nosa visita era axudar, ás señoras enfermas de alzheimer, a facer un maio grande para a festa que celebraban pola tarde.
O motivo da nosa visita era axudar, ás señoras enfermas de alzheimer, a facer un maio grande para a festa que celebraban pola tarde.
Confeccionamos, tamén, outro máis pequeño
que trouxemos andando ata Abelendo. Grazas Martina.
Cando chegamos ó centro, despois das presentacións, dividíronnos en grupos
nos que había maiores e pequenos para comenzar a traballar.
Antes de armar o maio na
estructura de madeira tivemos que preparar os fiunchos, as flores, os ovos e as
laranxas.
Preparamos os talos dos fiunchos
para coselos facendo unha ristra que rodeaba á pirámide. Cortámoslles o talo ás
flores e as unimos en forma de coroa. Cos ovos, xa baleiros e as laranxas,
tamén fixemos coroas .
Por último, preparamos uns pequenos feixes de xesta para a base do maio.
Despois de merendar, cantamos as cantigas que ensaiáramos o día anterior no cole, con acompañamento de claves
e caixas chinesas. Fixémolo ao ritmo de Marín.
Gustaron moito e quedamos moi
contentos de como trancurriu a xornada que rematou na clase comentando esta enriquecedora experiencia.
Estan cantigas de maio, preparámolas o día anterior no cole, con Elisa
de la Peña, Manuel Méndez y Martina, membro da directiva de AFAMO que se
achegaron a Abelendo con ese obxectivo.
Primeiramente, Manuel Méndez proxectounos unhas fotos moi
antigas de maios de distintos sitios como Pontevedra, Marín, Redondela; escoitamos formas distintas de cantarlos e aprendemos algo da súa
historia. Estivemos encantados.
A continuación, ensaiamos todos
xuntos o Maio de Afamo 2014 e compuxemos
o Maio de Abelendo 2014.
O ensaio foi así de ben:
As oito estrofas saíron rapidísimo.
Incríble! Grazas Manolo.
Para rematar, dicir que máís adiante esperamos a visita
en Abelendo destas señoras tan simpáticas para ensinarlles o noso cole e
facer con elas unha alfombra de flores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario