jueves, 30 de octubre de 2014

Quinto e sexto na granxa O Kiriko

Despois dunha longa viaxe en autobús que amenizamos cantando, chegamos a Fornelos de Montes onde pasamos unha instructiva e divertida xornada descubrindo os segredos dos alimentos.
Retrasámonos un pouco e xa estaban na granxa os nenos e nenas dun cole de Poio que ían compartir con nós , toda a  xornada.
Como benvida os monitores representaron para nós a obra "Dous tomates, dous destinos" que colgamos no blog para que a saboreedes. Nela aprendemos que aínda que cos productos químicos o tomate ou calquera outra hortaliza medre máis rápido e sexa máis bonito , non sabe a nada e pola contra o tomate ó que non lle botas ningún producto e  medra con abono e auga, convírtese nun riquísimo tomate.
A continuación formamos os equipos e empezamos as actividades. Pola mañá:

Repasamos a pirámide dos alimentos
Fixemos dous experimentos moi curiosos onde a mortadela e os cereais ricos en ferro, foron os protagonistas.

No invernadero: abonamos o terreo e plantamos allos, leitugas, alubias...

Tamén aprendemos a preparar un producto caseiro que axuda a que os bichos non se coman as plantas.


Comemos e xogamos un tempo aproveitando o día tan soleado que tivemos.


Despois, chegou " O Gran Xogo".

Consitíu en elaborar un menú saudable en equipo e aplicar todo o aprendido nas actividades da pirámide dos alimentos.
Tiñamos que mercar os productos nuns supermercados ambulantes que eran os monitores. Eles tiñan os alimentos que nos facían falta e nós para mercarllos tiñamos que respostar a unha pregunta ou pasar unha proba.
Gañou o equipo que conseguiu o menú maís saudable, un menú no que había hidratos de carbono, vitaminas e minerais, proteinas....
Como remate fomos a ver aos animais. Poidemos tocalos, darlles de comer...
Foi unha viaxe moi chula porque aprendemos e fixemos novos amigos . A amizade é un bo regalo. 

jueves, 26 de junio de 2014

Visita á San Simón

O pasado trece de xuño fomos de excursión a San Simón. Recolleunos o barco a toda Educación primaria no porto de Moaña. Uns piratas moi divertidos foron os nosos guías.
Percorremos a illa atendendo ás explicacións detalladas dos nosos guías. 
Detívémonos en cada un dos lugares máis significativos. Explicáronnos a súa historia; a batalla de Rande, cando foi un lazareto, a guerra civil ...
Visitamos cheos de curiosidade o seu museo. 
Pola tarde, houbo un tempo de xogos que se nos pasou rapidísimo polo emocionante e divertido que foi o xogo do pano. 




Todas foron boas impresións. É unha illa fantástica e preciosa, cun encanto particular. Cada rincón da illa tiña algo especial. 
Aínda que a súa historia é moi triste non levamos unha mala impresión. 

lunes, 5 de mayo de 2014

Maio solidario

O pasado 30 de abril, o noso ciclo acompañado de 4º curso, convidados pola directiva de AFAMO de Moaña, visitamos ese centro de día que está preto da piscina municipal.
O motivo da nosa visita era axudar, ás señoras enfermas de alzheimer, a facer un maio grande para a festa que celebraban pola tarde. 
Confeccionamos, tamén,  outro máis pequeño que trouxemos andando ata Abelendo. Grazas Martina.
Cando chegamos ó centro, despois das presentacións, dividíronnos en grupos nos que había maiores e pequenos para comenzar a traballar.
Antes de armar o maio na estructura de madeira tivemos que preparar os fiunchos, as flores, os ovos e as laranxas.
Preparamos os talos dos fiunchos para coselos facendo unha ristra que rodeaba á pirámide. Cortámoslles o talo ás flores e as unimos en forma de coroa. Cos ovos, xa baleiros e as laranxas, tamén fixemos coroas . 


Por último, preparamos uns pequenos  feixes de xesta para a base do maio.
Despois de merendar, cantamos as cantigas que ensaiáramos o día anterior no cole, con acompañamento de claves e caixas chinesas. Fixémolo ao ritmo de Marín. 


Gustaron moito e quedamos moi contentos de como trancurriu a xornada que rematou na clase comentando esta enriquecedora experiencia.

Estan cantigas de maio,  preparámolas o día anterior no cole, con Elisa de la Peña, Manuel Méndez y Martina, membro da directiva de AFAMO que se achegaron a Abelendo con ese obxectivo.
Primeiramente, Manuel Méndez proxectounos unhas fotos moi antigas de maios de distintos sitios como Pontevedra, Marín, Redondela; escoitamos formas distintas de cantarlos  e aprendemos algo da súa historia. Estivemos encantados.
A continuación, ensaiamos todos xuntos o Maio de Afamo 2014  e compuxemos o Maio de Abelendo 2014.
O ensaio foi así de ben:



 
Foi moi interesante traballar en gran grupo e en tan pouco tempo.
As oito estrofas saíron rapidísimo. 
 Incríble! Grazas Manolo.
Para rematar, dicir que máís adiante esperamos a visita en Abelendo destas señoras tan simpáticas para ensinarlles o noso cole e facer con elas unha alfombra de flores.