domingo, 23 de diciembre de 2012

Homenaxe a Celso Emilio

O día 12.12.12. ás 12 unímonos á homenaxe dos centros educativos a Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento.
A actividade consistiu en colocar no patio do colexio unha gran pancarta recordando o evento. As letras da  pancarta fixéronas os alumnos e alumnas de todos os cursos. s, os nenos e nenas de 5º e 6º curso de Primaria, recitamos o poema de Celso Emilio "Deitado frente ao mar" na pista, diante dos nosos compañeiros e compañeiras que estaban sentados nas gradas. Presentaron o acto dous alumnos do 2º ciclo.
Recitamos o poema con sentimento e unindo as nosas voces resultou moi emotivo.

jueves, 14 de junio de 2012

A nosa viaxe a Manzaneda

Nós, os nenos e nenas de 6º Curso do colexio de Abelendo fomos de excursión a Manzaneda tres días.

Antes de chegar, fixemos dúas paradas; a primeira en Ribadavia e a segunda en Trives, onde comimos. Fomos cos colexios de A Guía, Tirán e Quintela.
Durante a nosa estancia na estación de montaña fixemos diversas actividades:
O mércores: escalada e orientación.

O xoves: aula de natureza, piscina, kars e senderismo.
O venres. tiro con arco, hípica e beibol.
Á volta, a última parada foi en Castro Caldelas. Visitamos o seu castelo no que había unha biblioteca e unhas vistas preciosas dende a Torre da Homenaxe.








Ás 9.40 horas do día 6 de xuño de 2012 emprendimos a viaxe cara á estación de montaña. No autobús os nenos entretivémenos falando, escoitando música e algúns xogando ás cartas.


En Ribadavia , despois da merenda de media mañá na praza principal, paseamos un pouco. Na nosa visita pola vila chamounos a atención, sobretodo, o río Avia. Por último, fixemos unha foto todos os coles xuntos no castelo.








En Trives, comemos e demos un pequeno paseo para coñecer este fermoso pobo.



Cando chegamos a Manzaneda o primeiro qu fixemos, antes de nada, foi ir aos apartamentos.Os rapaces repartímonos en dous apartamentos e as rapazas acomodáronse , todas xuntas, no apartamento máis grande.
Esquecíasenos comentar que durmimos nun quinto piso e tiñamos que subir polas escaleiras, sen poder usar o ascensor.


Todos e todas estábamos moi ilusionados por convivir xuntos.Pasámolo xenial.
A primeira moite estivemos de broma todos xuntos na habitación e a segunda , falando na mesa, ata a unha da madrugada.







A nosa primeira actividade foi a escalada, nun rocódromo duns 20 metros de altura pero que aparentaba máis.Gustoume moito porque cheguei arriba. Era moi alto. Os monitores eran moi simpáticos, chamábanse Asur e Isa. El era moi bo e ela moi bromista.
En orientación aprendimos a usar o compás. Cóstaba ao comezo pero despois foi máis fácil.


Na aula de natureza , como estaba chovendo non poidemos saír.Vimos unha película moi interesante que recomendo. Chamábase "Entre lobos".






Encantoume o beisbol. Foi unha experiencia única.Os meus compañeiros de Abelendo e A Guía axudáronme a xogar.





Á hora de irnos púxenme moi triste porque quería quedarme máis.
Gustoume ir a Manzaneda porque estiven cos meus compañeiros. Divertinme e xoguei moito.


A comida non me gustou moito. Como na casa non se come en ningún sitio.


Chegamos a Abelendo sobre as 19.45 da tarde. os nosos pais estábannos esperando moi contentos e todos e todas nos fomos ás nosas casiñas.

jueves, 10 de mayo de 2012

Correlingua 2012

O próximo 14 de maio celébrase o Correlingua. Os colexios e institutos do Morrazo imos celebrar este evento. Reuniremos nas pistas de atletismo para, dende alí, ir camiñando ata a Praza de Abastos onde celebraremos a festa.

Bailaremos co grupo Pé de Lá diversos bailes como o Pingacho, a Cirigoça, o Baiao, a Muiñeira ...
Estamos practicando arreo para facelo ben este día.
Todos e todas levaremos unha camiseta branca na que pintamos palabras como galego, amizade, fraga, abelá, cereixa, coello,cadela, alecrín, abella ...

Estamos desexando que chegue ese día.Supoñemos que o pasaremos moi ben.

lunes, 20 de febrero de 2012

O Entroido en Abelendo

O entroido en Abelendo foi moi divertido.



O entroido é xenial!



Pasámolo moi ben! Estivemos moi felices!



Este ano foi o noso último entroido no cole. Disfrazámonos de pingas de auga porque o tema da biblioteca é "A Terra, planeta de auga".


Os pais e as nais, os profes foron de xardiñeiros.
Como estamos en 6º Curso tocounos levar os instrumentos da comparsa. Fomos tocando todo o desfile; á ida, ata a igrexa de San Martiño e á volta ata o cole. Cordinámonos moi ben e fixémolo moi afinadiños.


Inventamos unha canción que titulamos "Festa" para este día tan especial. A música era de "Ai se eu te pego" de Michel Telo.

















Cantámola todos xuntos, de volta no cole, antes de comer as lambetadas do entroido que traemos das nosas casas, como filloas, flores, orellas, rosquillas, ....

Moitas cousas ricas!
Comentábamos entre nós que non nos ía gustar levar as mesas á pista, recoller ao final da festa pero como todos e todas sabiamos o que tiñamos que facer e o fixemos rapidísimo estivo entretido.

domingo, 29 de enero de 2012

Puk y el muro

Queremos compartir este vídeo realizado por Intermon Oxfam para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da paz.