Os alumnos e alumnas do 2º e 3º Ciclo fomos visitar,o pasado mes de outubro, o museo de Pontevedra.
Antes de entrar, chamounos moito a atención a estátua de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, situada no exterior, entre dous dos edificios do museo.
Comenzamos a visita localizando restos arqueolóxicos pertencentes a Prehistoria e a Idade Antiga; unha machada de pedra do Neolítico, un muiño, unha espada, un puñal, os restos dunha áncora ...
Nunha destas salas de arqueoloxía, a sala do tesouro, estaba o que se considera o maior tesouro prehistórico de Europa. Atopouno un veciño de Caldas de Reis e pesaba 28 kg. Pertence a idade de Bronce.
Había unha peita, colares, torques, aneis brazaletes, diademas, cuncas ...
Aprendimos que o torque era un símbolo militar, usado polos guerreiros.
Todos e todas quedamos impactados ao ver as pezas de prata, exactamente 650, de diversos continentes que Gonzalo Fernández de la Mora y Mon coleccionou nas súas viaxes polo mundo. Ademáis do dragón que nos impresionou moito había lentes, pipas, un paxaro de prata, unha chocolatera....
Despois de percorrer a sala do acibeche, un mineral de cor negra que é unha variedade do carbón, da familia do lignito, chegamos ás salas navais.
Chamounos moito a atención un aguia con dúas cabezas, feita no século XVII, para unha popa dun barco.
Percorremos o despacho da casa pontevedresa de Méndez Núnez, vimos unha replica exacta da fragata Numancia, o primer barco acoirazado que tivo España, visitamos a recreación da súa cámara de oficiais na que nos chamaron a atención, ademais das cartas náuticas, os cois que é así como se lle chaman ás amacas dos barcos.
A sala de Castelao foi a última sala que visitamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario