miércoles, 28 de diciembre de 2016

Bo Nadal!

Este pequeno diario será a clave para revivir xuntos, a alegría do Nadal. 
15 de decembro:
Hoxe empezamos a preparar o Nadal no ciclo.
Imos decorar a porta da aula con motivos navideños.
Aportamos, con entusiasmo e imaxinación, nun singular debuxo a nosa versión destas festas. 
Mañá votaremos as distintas propostas e saberemos o diseño final.
16 de decembro:
Despois dunha reñida votación decidímonos polo deseño de Iker. Sen tempo que perder, organizámonos por grupos e  repartímonos o traballo.
Debuxamos  e coloreamos o lema.
Debuxamos e coloreamos, con moita concentración, o boneco.
 Coidamos todos os detalles da nosa composición.
19 de decembro:  
Conseguímolo! Este é o resultado dun bo traballo en equipo!

miércoles, 30 de noviembre de 2016

Así xogamos en Abelendo

Gústanos xogar no Magosto!
Sempre temos unha gran variedade de brincadeiras polas que os nenos e as nenas imos pasando ao longo deste día de festa.
Xogamos en equipos formados por nenos e nenas de todas as idades. 
Coñecimos un xogo de roda moi entretido no que tíñamos que agachar unha castaña mentres dicíamos: "Déacha ou non cha dea, ti tapa é cala". 
Gústannos os xogos creativos e tamén os tradicionais.
Empregámonos a fondo! Gozamos moito!

Sempre temos quen nos aprenda!
Practicamos, practicamos e practicamos.
Tamén comemos castañas.
Este ano, os avós axudáronnos a asalas.
Estaban moi ricas.

jueves, 3 de noviembre de 2016

Samaín 2016

Para celebrar o Samaín, no noso corredor debuxamos e pintamos esta princesa. 
Recoñecédela?




      "É a princesa de negro"
Entre todos e todas dímoslle cor e no seu manto debuxamos os nosos pesadelos, escribimos os nosos medos.



Como todos os anos para ambientar a entrada, nesta festa que tanto nos gusta, contamos coa axuda dos nosos pais e nais:
  • Enchemos de emocións as caras das cabazas que preparamos na casa.
  • Decoramos siluetas de morcegos con palabras que daban medo.
  • Preparamos postres terroríficos que comemos todos xuntos no ximnasio.
Ademais, vestímonos para a ocasión e vimos unha película de medo.
A que quedou moi chulo o cole?



Xornadas de Educación Vial

Emocionante! Divertido! Xenial!
Así de expresivos foron os nenos e nenas para valorar a actividade realizada nas xornadas de E. Vial que este mes organizáronse no cole. 

lunes, 10 de octubre de 2016

Na praia da Xunqueira

Realizamos moitas actividades no Día dos Océanos no pasado mes de xuño. Queremos compartilas con vós. Para eso clica na imaxe.

lunes, 16 de mayo de 2016

O Maio de Abelendo

Somos expertos facendo Maios porque O Maio de Abelendo facémolo entre todos. 
Queredes saber como o armamos?
Primeiro colocamos as xestas na base de madeira e arame.

Logo, o fiuncho que cosemos e atamos á pirámide. Tamén colocamos espadanas.
A continuación, preparamos os colares de pampullos, ovos e laranxas para vestir o Maio. 
Os maiores cos pequenos . 
 Que ben o facemos!
Así é como se aprende!
O armazón xa está cuberto. Vaia coroa!
Podemos vestr o maio!
Pero, teño que dicirvos que, sen a colaboración das familias, non houberamos podido facer este Maio de Abelendo 2016.

Dobradores na escola

Na biblioteca do cole fomos drobradores por un día. 
Dous actores ensináronnos a técnica e nós fomos quen de darlle voz a un dos personaxes de Debuxos Animados que máis nos fai rir.
Eso si, tivemos a colaboración especial do profe Diego. Sen el, non houbera sido posible.


domingo, 1 de mayo de 2016

Teatro musical

Ir de concerto, un gran acerto.
Os estilos musicais, sen efectos especiais.
Un pouquiño aprendemos mentres nos divertimos.

domingo, 17 de abril de 2016

Apadriñamentos lectores

Estes días pasados fomos coñecer aos nosos afillados lectores de Educación Infantil.
Eu vou ser madriña de Santiago e Brais, dous nenos de cinco anos aos que mañá lles lerei un conto dentro desta actividade que se chama "Apadriñamentos Lectores"
Leveilles un debuxo de "Bob Esponja", igual para os dous. 
Que ben ! Acertei co agasallo!
Estivemos un rato falando do que lles gustaba e cando acabamos xogamos cos coches ; tamén xogamos aos médicos.
Cando marchamos deume un pouco de pena porque caíronme moi ben e estaba moi a gusto xogando con eles.

Facendo trampas!

Estivemos aprendendo a facer trampas para a vispa velutina. Logo, colocámolas no patio  no cole. Este foi o noso traballo:

jueves, 14 de abril de 2016